Apravia lg2013 def

72
En xuño pasado, o Ple- nario da Real Academia Galega (RAG) acordou dedicarlle o Día das Le- tras Galegas, de maio de 2013, ao santiagués Ro- berto Vidal Bolaño, es- critor e actor de teatro, principalmente. A asignación inmediata do Día das Letras Galegas -cúmplese neste ano o décimo aniversario da súa morte- indica o interese espertado pola súa figura na literatura galega do século XX. A propia RAG confirma este punto ao falar del coma un escritor e actor “indispensable non só na nosa literatura, senón tamén no teatro europeo do último cuarto de século”. Foi un “home de teatro”, un personaxe esencial no desenvolvemento das Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (Ourense) e na labor do Centro Dramá- tico Galego. Ano XXXIV Nº 64 Vilalba, maio de 2013 Revista escolar do CEIP Antonio Insua Bermúdez Roberto Vidal Bolaño Roberto TRASHORRAS traballos das aulas - NOTICIAS bibliotecA - QUE LINDO É LER! INVESTIGACIÓN - educación física orientación - A PÁXINA DE ANPA biblioteca: proxecto os andrade Do Rácing Vilalbés ás categorías inferio- res do FC Barcelona onde militou até o 2003. Estivo no Real Madrid. Máis tarde, despois de pasar polo Numancia e UD As Palmas, foi contrata- do polo Celta de Vigo. Actualmente xoga no Rayo Vallecano. Chairego de nacemen- to, estudou a EXB no noso Colexio. Falamos con Roberto Trashorras. Actuación de Mini e Mero no noso Colexio, dentro do Proxecto Andrade

Transcript of Apravia lg2013 def

Page 1: Apravia lg2013 def

En xuño pasado, o Ple-nario da Real Academia Galega (RAG) acordou dedicarlle o Día das Le-tras Galegas, de maio de 2013, ao santiagués Ro-berto Vidal Bolaño, es-critor e actor de teatro, principalmente.

A asignación inmediata do Día das Letras Galegas -cúmplese neste ano o décimo aniversario da súa morte- indica o interese espertado pola súa figura na literatura galega do século XX. A propia RAG confirma este punto ao falar del coma un escritor e actor “indispensable non só na nosa literatura, senón tamén no teatro europeo do último cuarto de século”.Foi un “home de teatro”, un personaxe esencial no desenvolvemento das Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (Ourense) e na labor do Centro Dramá-tico Galego.

Ano XXXIVNº 64

Vilalba, maio de 2013 Revista escolar do CEIP Antonio Insua Bermúdez

RobertoVidal Bolaño

Roberto TRASHORRAS

traballos das aulas - NOTICIASbibliotecA - QUE LINDO É LER!INVESTIGACIÓN - educación física orientación - A PÁXINA DE ANPA

biblioteca: proxecto os andradeDo Rácing Vilalbés ás categorías inferio-res do FC Barcelona onde militou até o 2003. Estivo no Real Madrid. Máis tarde, despois de pasar polo Numancia e UD As Palmas, foi contrata-do polo Celta de Vigo. Actualmente xoga no Rayo Vallecano.Chairego de nacemen-to, estudou a EXB no noso Colexio. Falamos con Roberto Trashorras.

Actuaciónde Mini e Mero no noso Colexio, dentro do Proxecto Andrade

Page 2: Apravia lg2013 def

EQUIPO DE REDACCIÓNIria Villares, Carla Villares, Denise Ameijide, Ana Díaz, Sarah Filgueira, Ismael Francos, Manuel F. Lamela, Iyán Maoxu, Pablo López, Alberte Roca, Marcos Novo, Javi López, David de la Fuente, Ainé Novo, Noelia Blanco e Uxía Gato

COLABORARON TAMÉN NA REVISTAAlumnado e Profesorado do CentroANPARoberto Trashorras

EditaCEIP “A. INSUA BERMÚDEZ”EnderezoCuart de Poblet, s/n27800 Vilalba (Lugo)Telf./Fax982-510721Correo electró[email protected]áxina webhttp://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

(Tirada: 500 exemplares)

Bibiografía e recursos utilizados

www.edu.xunta.es/www.robertovidalbolano.org/www.seminariogalan.org/www.realacademiagalega.org/www.culturagalega.org/lg3/www.diadasletrasgalegas.com/www.robertotrashorras.com/www.aelg.org/www.gl.wikipedia.org/

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Publicación subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educa-ción e OU da Xunta de Galicia

Page 3: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

3 Índice

3 Índice 4 Editorial 5 LG’2013: Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño 10 Traballo das Aulas 48 Entrevista a Roberto Trashorras 52 Biblioteca - Os Andrade 55 Que lindo é ler! 56 Noticias do Cole 57 Investigación 60 Educación Física 68 Orientación 69 A Páxina de ANPA 71 As nosas Portas 72 Os nosos murais

Letras Galegas2013

OS ANDRADE

Page 4: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

4Editorial

Ola, somos o Equipo de Redacción da revista “A PRAVIA” deste ano 2013. Tocounos a nós, alumnos e alumnas de 6º de Primaria, sacarlle un pouco de tempo a outras cousas e dedicarllo a intentar que este número sexa do agrado de todos vós.Ao longo deste curso tivemos no Colexio actividades moi variadas: musicais, deportivas, cultu-rais, divulgativas, etc.No Proxecto dos Andrade, por exemplo, aprendemos moitas cousas da epoca Medieval, mesmo convertimos o noso Cole nun inmenso castelo e a Biblioteca decorouse con motivos da época. Fomos facer unha visita á nosa Torre dos Andrade, onde nos mostraron un anaco da historia de Vilalba e puidemos admirar algunhas partes da mesma. Houbo tamén na Bibilioteca repre-sentacións teatrais e contacontos relacionadas con esta etapa da historia.Con respecto ás Letras Galegas, este ano o homenaxeado, como sabedes, é ROBERTO VIDAL BOLAÑO que foi un dramaturgo moi importante en Galicia, un gran actor teatral e un boísimo escritor. Poderedes coñecer un pouco máis da súa vida e obra nas páxinas seguintes.Por outra banda, tivemos a sorte de coñecer a MINI e MERO en persoa, pois viñeron a facer un concerto de música medieval e popular. Pasámolo moi ben escoitando a súa música e as súas cantigas. Agardamos que volvan por aquí tan pronto como podan. Graciñas por ser así.Nesta edición, o apartado da entrevista adicámosllo ao futbolista chairego ROBERTO TRASHO-RRAS que milita no Rayo Vallecano e que foi alumno deste centro. NON A DEIXEDES DE LER. Grazas, Roberto, pola boa disposición que tiveches para contestar as nosas preguntas.O Deporte tamén tivo presenza no noso cole, e da máis grande. Contamos coa visita de JAVIER GÓMEZ NOYA, unha figura no mundo do triatlón, que foi campión e subcampión do mundo. Que gozada terte entre nós, Javier!Seguindo co Deporte, podedes ler tamén unha moi boa colaboración de Suso, profesor de EF, que nos describe o fantástico traballo levado a cabo por alumnado deste Centro en distinats competicións deportivas. Merece a pena.Noutros apartados teredes unha ampla información de máis actividades: dos alumnos e alum-nas do Conservatorio de Vilalba, demostrándonos coma tocar os violoncellos, as violas e os violíns; das mulleres de Insua, explicándonos como se traballa o LIÑO; da charla dun garda civil, que nos permitiu coñecer aspectos do acoso escolar, das drogas e de intermet; das enqui-sas sobre distintos aspectos que fixemos a alumnado do Centro; dos traballos das AULAS, cada vez de máis calidade; da interesante colaboración da Orientadora do Centro; das novas que nos contan os pais e nais da ANPA do Cole; dos traballos sobre a nosa Pravia e os Cruceiros, etc.

Por último, antes de rematar, queremos destacar o bo trato, atención e cariño que nos deron todos os profesores e as profesoras deste centro ao longo destes seis ma-rabillosos anos como estudantes e tamén por facernos cada día mellores persoas.

E nada máis, convidámosvos a todos e todas a que gocedes lendo a revista polo menos igual que o fixemos nós cando a estabamos a facer.

Só nos queda despedirnos e dar a benvida ao novo equipo de redac-ción do curso que ven.

BOAS VACACIÓNS!! NUNCA VOS OLVIDAREMOS!!!

O EQUIPO DE REDACCIÓN

Editor

ial

Page 5: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

5

Letras Galegas2013

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compos-tela, 1950 - Santiago de Compostela, 2002). Es-critor e actor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013.

RESEÑA BIOGRÁFICA

Comezou no mundo teatral de man grupo An-troido, no que representou coma actor as súas primeiras obras. Con Antroido foi ás Mostras de Tetaro Abrente de Ribadavia (1973-1980), nas que deu a coñecer como dramaturgo e escenó-grafo (baixo o pseudónimo de Julia Brens). Vidal Bolaño foi un dos maiores artífices da profesio-nalización do teatro galego. Debido ao despido en 1977 do banco onde traballaba, o dramaturgo viuse na obriga de converter ao Grupo Antroido na primeira compañía de teatro galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, poñendo en escea (en

colaboración co Centro Dramático Galego) en 1984 a súa obra Agasallo de sombras. Cultivou, ademais da dramaturxia, as artes audiovisuais, facendo guións para a Televisión de Galicia e a TVE. Traballos coma Malos Tratos, Novo de Parmiude ou Morosos Varios son da súa autoría. Levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo), e mesmo participou como actor en varias series de televisión de prestixio coma Mareas Vivas.

En 2001, representou co Centro Dramático Ga-lego Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escri-biu en 1958. As súas últimas actuacións foron no grupo “Teatro de aquí”, a súa compañía nos últimos anos. Vidal Bolaño morreu en 2002, na súa Compostela natal vítima de cancro de pul-món.

Por Uxía, Ana, Denise, Sarah e Noelia

Homenaxe-Roberto Vidal Bolaño

Page 6: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

6

Letras Galegas2013

OBRAA obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Quizais influenciado por Ramón Otero Pe-drayo defendeu unha recuperación do popular. Tamén cultivou, como Otero, o teatro histórico, en torno á figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen ensaios sobre a vida e a obra da poetisa máis coñecida de Galicia. Ademais, unha das súas maiores influencias foi a do teatro de Valle-Inclán, a quen mencionou varias veces ao longo da súa obra.

As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Son pezas que se destaca e cuida o diálogo co público.

Representaciones destacadasVidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e ilumi-nador.

• Laudamuco, Señor de Ningures (1976)• Bailadela da morte ditosa (1980) • A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello) • Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985) • Caprice des Dieux (1985) • Anxeliños. Comedia Satánica (1996) • La Lengua de las Mariposas (1999) • Mar Revolto (2001)

Obras escritas destacadas• Laudamuco, Señor de Ningures (1976)• Bailadela da morte ditosa (1980) • Agasallo de Sombras (1992)• Días sen Gloria (1992) • Saxo Tenor (1993) • As Actas Escuras (1994) • Rastros (1998)• O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar Ensayo• Perspectivas do Teatro Galego Actual (2002)

Premios honoríficos• Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures. • Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes). • Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa • O Facho (1977 e 1979). Mencións honoríficas• Medalla de ouro (Premio ciudad de Valladolid) (1983-1984)• Premio Rafael Dieste • Premio Álvaro Cunqueiro • Premio Xacobeo (1992) • Premio Eixo Atlántico• Premios Max de Teatro (2001) (mejor texto teatral en gallego) • Homenaxeado no Día das Letras Galegas’2013

Homenaxe-Roberto Vidal Bolaño

Page 7: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

7

Letras Galegas2013

ROUCO-MAXISTRADO: Está claro, Señor. Se

executa a todas cantas per- soas aparecen inculpadas nos

feitos, e polo que puiden ver son tantas como habitantes

ten o Reino, sen contar aos Nobres, ricos comercian-

tes, Ministros, Sumos Sacerdotes, Maxistrados e demais

outos dignatarios, xa non ficará nel ninguén en quen voste-

de poida exercer a autoridade nin ninguén que poida deixar

de respectala. Simplemente non terá pobo, Maxestade.

LAUDAMUCO: (Cabreado) O meu maxistrado nunca di-

ría tan aldraxante insolencia! ROUCO: Disimúleme o Señor. Só dixen o que coidaba

máis axeitado. LAUDAMUCO: Pois trabucácheste... Aínda podería exer-

cela en ti. ROUCO: Pouco reino son eu, Señor.

LAUDAMUCO: Mariscal! É certo o que di o Maxistrado?

ROUCO-MARISCAL: Coido que si, Señor.

LAUDAMUCO: Quere eso decir que só ficariamos no

Reino eu e os catro pelexos de vertedeiro que vivides de

moinantes á sombra da miña grandeza.

ROUCO-MAXISTRADO: Máis ou menos, Señor.

LAUDAMUCO: (Cabreado) E quen faría a recolleita?

Quen apañaría as patacas? Quen vendimaría? Quen traba-

llaría nos talleres? Quen remataría o teito do meu pazo de

verán? Quen pagaría as contribucións e os impos- tos? Eh?

Quen? Vós? Vós, que nunca dobrastes o espiñazo máis

abaixo do que vos esixen as reverencias e o protocolo da

corte. Frasmento de LAUDAMUCO SEÑOR DE NINGURES

TODOS: Non hai raio que te entenda. XAXARA: Esta terra é terra boa e como tal ten moitas cousas de seu. Como a fala, por exemplo. Se nos quitan esa fala, fan que o noso sexa seu. E si por riba rematan cos costumes, coas cantigas, cos bailes e coa música que a xente e a terra nos deu, xa non seremos ninguén e todo o noso poderá ser dos xigantóns coma el. TODOS: E que temos que facer? XÁXARA: Xustamente aquilo que non quere el! Escoitade rapa- rigos, escoitade o que vos digo. Se se lle toca no ouvido revíra- se de tal xeito a cachola que nin sequera pode ollar de esguello. E cando lle soa moi preto unha gaita, non pode terse de pé e brinca e reviravolta a eito coma se o levara o máis fero dos ventos. E se por riba aínda, se lle fala en galego, engrúñase coma un vermiño, perde os folgos polo cú, escomeza a tremar co medo, énchenselle as latas de buracos e remata trocándose de súpeto nun pequecho e porcallento rato.

Fragmento de XÁXARA, PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN

Escolma Literaria

Homenaxe-Roberto Vidal Bolaño

Page 8: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

8

Letras Galegas2013 Pasatempos Actividades recollidas da unidade

didáctica sobre Roberto Vidal Bolaño do Seminario Galán

http://seminariogalan.org

Completa o lib

ro de familia

de Robert

o Vidal Bolañ

o

Homenaxe-Roberto Vidal Bolaño

Page 9: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

9

Letras Galegas2013Có

mic

Homenaxe-Roberto Vidal Bolaño

Page 10: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

10Aulas-Inf-3

Page 11: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

11 Aulas-Inf-3

Page 12: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

12Aulas-Inf-3

Page 13: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

13 Aulas-Inf-4

Page 14: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

14Aulas-Inf-4

Page 15: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

15

 

 

 

 

 

 

 

Aulas-Inf-5

Page 16: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

16Aulas-Inf-5

Page 17: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

17

4- Poñemos os últimos detalles:

Aulas-Inf-5

5- A xogar!  

Page 18: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

18

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

!

Aulas-1ºA-1ºB

Page 19: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

19

Aulas-1ºA-1ºB

Page 20: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

20

Aulas-1ºA-1ºB

Page 21: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

21

"#$#"%&'(((!

Aulas-1ºA-1ºB

Page 22: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

22Aulas-2ºA

Page 23: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

23 Aulas-2ºA

Page 24: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

24

ALUMNADO 2ºB VILALBA/ A PRAVIA

Alumnado de 2ºB

Aulas -2ºB

Page 25: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

25

ALGUNHAS DAS VIVENCIAS DE SAMUEL E A NOSA VISIÓN DO FELINO:

Aulas-2ºB

Page 26: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

26Aulas-3ºA

Page 27: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

27 Aulas-3ºA

Page 28: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

28Aulas-3ºA

Page 29: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

29 Aulas-3ºA

Page 30: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

30Aulas-3ºA

Page 31: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

31 Aulas-3ºB

Page 32: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

32Aulas-3ºB

Page 33: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

33 Aulas-4ºA

Page 34: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

34

Antonio, eres moi bo e dános moita pena que te vaias. Querémoste moito. Aprendí-chesnos moitas cousas. Ás veces réñesnos un pouco, pero é culpa nosa. Levamos dous anos contigo e serviunos para aprender cada día cousas novas. Gústanos moito es-tar contigo. Eres o mellor profesor do mundo!!!

GRAZAS, ANTONIO

Aulas-4ºB

Page 35: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

35 Aulas-4ºB

Page 36: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

36Aulas-5ºA

Na clase de 5ºA fixemos durante o curso diversas actividades nas distintas áreas. A continuación podedes ver unha pequena mostra delas. Nesta mesma páxina, vai unha representación dos traballos que fixemos na unidade didáctica sobre o mundo do CÓMIC. Na seguinte, podedes ver uns exemplos dos traballos que presentamos no “Concurso para Mellor periodista Infantil e Xuvenil” convocado por La Voz de Galicia, dentro do programa Prensa Escola.

Page 37: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

37 Aulas-5ºA

 

 

 

 

 

 

Page 38: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

38Aulas-5ºB

O pasado día 10 de maio recibimos no noso cole a visita de catro mulleres que pertencen a “Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Ínsua”. Coa súa visita tivemos ocasión de coñecer o proceso de cultivo do liño e todas as fases posteriores polas que debe pasar esta fibra natural, para poder ser empregada na confección das diversas pezas de roupa de cama ou prendas de vestir que os nosos antergos adoitaban facer con esta fibra natural tan apreciada aínda hoxe.Dende estas páxinas da nosa revista “A Pravia”,queremos darlles as grazas polo seu traballo de recuperar e manter viva a cultura do liño e agradecerlles con especial agarimo ,os seus esforzos por explicarnos aos nenos e nenas dos colexios, todo este laborioso proceso de transformación polo que debe pasar o liño, dende a semen-teira ata o tecido final.O liño é unha planta que se usa como fibra textil dende hai miles de anos. Xa os faraóns, logo os romanos e ata o día de hoxe, serviu para confeccionar prendas de roupa, roupa de cama, manteis e outras prendas. Para poder confeccionar una peza de liño precisamos un longo proceso que dura arredor dun ano, sementar, recoller, preparar a fibra do liño e por último tecela. O CULTIVO. Este proceso consta de varias fases:1.- SEMENTEIRA. Que se fai na primavera2.- A MONDA. Que consiste en retirar manualmente as” malas herbas” cando as plantas do liño acadan os dez ou quince centímetros.3.- O ARRINCADO. Faise tres meses despois da sementeira, sácaselle a terra pegada a raíz e deixaxe en pequenos manoxos atados cun viorto feito coa propia planta de liño. O PREPARADO DO LIÑO. Consta tamén de varias fases:1.- O RIPADO. Consiste en extraer a semente ou bagaña da planta do liño. Este traba-llo facíase sobre una manta ou lona para recoller as sementes,para esteo empregaban “a ripa” ou banco de dentes.Logo hai que ventéalo para sacarlle os lixos e impurezas. Unha parte da sementeera para volver a sementar ao ano seguinte e a outra para facer “a liñaza” coa que untaban as madeiras da casa para perservalas da “couza”.2.- O EMPOZADO OU ENLAGADO. Consiste en meter os feixes do liño no río ou poza de auga con corrente para ablándalo e así resulte máis doado sacarlle a parte leñosa á planta.3.- O SECADO. Despois de sacar a planta da auga, déixase secar de oito a dez días ao Sol e o vento.4.- O MAZOTADO. Consiste en mazar o liño para quitarlle a parte leñosa ou capa externa chamada aresta.5.-O TASCADO OU ESPADELADO. Consiste en sacar os restos das arestas des-pois do mazotado.6.-O RESTRELADO. Consiste en pasar a planta polo peite de retrelo para esfiañala e deixala lista para o fiado.7.-A FIA. Facíase coa roca e o fuso e consiste en poner en forma de fío a fibra que obtemos .8.-O TEAR. Co fio do liño listo, queda agora levalo ao tear e tecer as pezas de tea coas que poderían confeccionar a roupa de vestir ou de cama.

ALGÚNS DOS INSTRUMENTOS EMPREGADOS NO PROCESO

“O LIÑO. DENDE A TERRA ÁS PEZAS DE ROUPA”

Page 39: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

39 Aulas-5ºB

A PANTASMA DA TORRE DOS ANDRADE

Conta a lenda, que nos pasadizos que conducían ao Castelo dos Andrade, merodea unha pantas-ma que segue a defender o Castelo.Fai moitos anos, construíronse uns pasadizos baixo terra, que comunicaban o Castelo coa Pena de Miguel situada no río Madalena. Existía un cabaleiro que gardaba esa entrada, e que se desprazaba nun cabalo branco polos pasadizos. Nunca na historia fora abatido por ninguén.No río Madalena tiña unha barca amarrada ao pé da entrada do pasadizo, e nas noites de lúa chea deixaba ao seu cabalo branco gardando o pasadizo, e co reflexo da lúa no río e a cor branca que tiña o cabalo, o reflexo aumentaba o tamaño do cabalo, e éste parecía un cabalo xigante, e a xente asustábase e ninguén se atre-vía a entrar na cova. Mentras tanto o Cabaleiro desprazábase na barca polo río da Madalena, atravesando os Pasos, ata o Muiño do Rañego, e dende alí achegábase ao Paseo dos Condes, vixiando a casa dos Condes de Andrade que aín-da hoxe se conserva. E a lenda dí que nas dúas árbores xigantes que se atopan na entrada da casa descansa o Conde e a Condesa.Un día produciuse un diluvio que desbordou o río Madalena, destruindo os pasadizos e afogan-do neles o Cabalo branco e o seu cabaleiro.Agora todas as noites de lúa chea no río Mada-lena, donde aínda hoxe se conserva a Pena de Miguel, aparece o reflexo na auga do Cabaleiro ”Miguel I de Andrade” galopando no seu cabalo. Por iso lle quedou ese nome á Pena.A Lenda dí que ainda hoxe o Cabaleiro segue a merodear polos pasadizos da Torre dos Andrade para seguir protexéndoa como facía antes. Lois Xosé Gayoso Blanco, 5ºB

A IMAXINACIÓN DE CELESTECeleste, unha preciosa nena de ollos azuis, vi-vía nunha pequena e fermosa aldea de paraxes inhóspitos e encantados rodeada de grandes fragas. Ela ía sempre a andar á escola, cando voltaba sempre se enredaba un bo anaco, ob-servando os animais que atopaba na fraga, e que ela atravesaba cada día, de camiño a esco-la pola estreita corredoira que conducía a súa casa. A Celeste encantáballe xogar ao fútbol, era un tanto solitaria, pero vivía feliz no seu mundo.

Un día, ao voltar da escola pola corredoira que atravesaba a fraga, atopouse cun rapaz da súa idade, entablaron unha amigable conversa e fixéronse bos amigos. Cada día eran máis in-separables, o rapaz díxolle que lle parecía moi fermosa. Celeste non soubo que decirlle, que-dou calada un instante, somente notou que as súas meixelas se voltaran coloradas e comen-zou a correr coma se aquelo que remataba de escoitar non fora con ela.

Nos días seguintes, seguiron véndose cada día coma se nada pasase, pero un día cando Celes-te colleo o camiño da casa atravesando a fra-ga onde sempre se atopaba co seu amigo, este non aparecía por ningures, ni ao día seguinte, nin ao outro, ni ao outro máis. Celeste sentía-se moi triste e soa. Co paso do tempo acabou por pensar que aquel rapaz non era de verdade, senón produto da súa imaxinación. A soidade non é boa para ninguén.

Vinte anos despois, cando Celeste era xa toda unha moza, voltou dar un paseo pola súa año-rada fraga e cal non sería a súa sorpresa, cando ao lonxe albiscou a silueta dun mozo que se parecía unha chea a aquel rapaz da súa infan-cia. Sorrio e sen pensalo moito correo cara el.

Tania Ocampo Insua, 5ºB

Page 40: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

40Aulas-6ºA

Coa axuda das nosas familias montamos circuítos eléctricos na clase de 6ºA.É moi sinxelo. Un xerador, uns fíos condutores, uns interruptores, lámpadas e nalgún ata lle puxemos motor, completámolos con distintos deseños e velaí o resultado…

Xa sabes, aforra enerxía, o Planeta agradeceracho!

TRABALLANDO SEN PARAR

Teño unha vaca,unha vaca que non é calquera,chámase Susa,e é unha vaca leiteira.Esta vaca é diferente,e non esta en calquera lado,esta nun sitio moi distinto,e calquera a pode muxir.Estouna a ollar,e non saio do asombro,que fermosa é, pero non sei como tocala.Toda a xente a mira,e non saen do asombro,esta vaca non ule,nin tampouco mancha.Ai que leite máis boa!Que leite máis sabrosa!Susa é moi especial,é unha máquina expendedora.

Os que non poden vivir no campo,teñen sorte de ter esta vaca,unha vaca con leite fresca,unha vaca que non é calquera.Unha leite con garantía,unha leite con calidade,unha leite que ven directa da vaca,da miña vaca Susa.

Ismael Francos, 6ºA

A vaca Susa

5     4   6       9   1    6   7     1     5   3     8  1     8   3     2   5     7  8   5   9   7       4   2    4     6   8   5     7   9    7   1   3       4   8     6  9     1     3       8    2   8   7     1   9     3   5  3   4     2     6   1   7      

SUDOKU

Page 41: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

41 Aulas-6ºA

Os maios é unha festa que se fai para celebrar a chegada da primavera. A súa finalida-de é asegurar boas colleitas e defendelas de todos os males que as puideran danar: fenó-menos meteorolóxicos adver-sos, pragas de animais , seres maléficos… É unha festa que se celebra moito no norte de Galicia (Vi-veiro, Pontedeume) e no sur (Ourense, Pontevedra), pero pola contra na Terra Chá non se festexa tanto.A representación máis ele-mental é un neno cuberto de follas e ramallos de árbores

propias da zona. Sae acompa-ñado doutros nenos polas rúas da vila, interpretando cantigas inventadas por eles, pedindo cousas a cambio.Noutras zonas constrúen maios con diversas formas: piramidais, cuneiformes ou representando un motivo ar-tístico ,un hórreo, un cruceiro, un barco… Nalgunhas zonas de Galicia, é unha tradición que o día 1 do mes de maio leven os maios ás prazas do pobo e os rapaces e as rapazas interpreten canti-gas do maio acompañando os cantos con paus, dando voltas arredor del. O tema das canti-gas é variado dependendo da

zona ou comarca, predo-mina a crítica hacia a cla-se política do momento, aspectos relacionados co mar, co mes de maio ou criticando a actualidade ou algún sucedido ocorri-do na zona.Todas estas celebracións rematan o día de San Xoán.

Non queremos odioqueremos amor,loitemos todos xuntospor un mundo mellor.

Protexamos a Terra,a que nos viu nacer,porque dela sacamos moito que comer.

Escoitemos os nosos maiores, eles sempre nos van ensinarcousas que eles vivirone nós teremos que pasar.

Que a crise se vaia acabandoe que isto empece a mellorar,que a xente teña traballo e non teña que emigrar.

Respectemos a igualdadepola que sempre loitamos,consigamos os dereitos cos que nós sempre soñamos.

Non queremos odio,queremos amor,loitemos todos xuntospor un mundo mellor.

Uxía Gato 6ºA

UN MUNDO MELLORVURULLO DE LETRASBusca o nome de sete instrumentos musicais:

C   L   A   R   I   N   E   T   E   A   W  U   G   O   B   S   A   P   A   M   S   H  C   C   U   I   A   D   T   M   C   A   A  O   E   G   U   I   T   A   R   R   A   T  M   L   A   A   J   I   J   M   O   X   R  I   E   H   J   I   U   A   K   I   Q   O  A   P   M   O   R   T   D   R   E   A   M  C   A   L   T   D   U   A   R   A   M   B  F   I   S   C   O   R   N   O   A   O   O  B   A   R   C   E   L   O   N   A   D   N  S   A   X   O   F   O   N   P   S   U   I    

Page 42: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

42

ÁBRESE O TELÓN… Xa que lembramos a Roberto Vidal Bolaño podemos aproveitar para saber algo máis de teatro. A palabra teatro vén do latin theatrum e á súa vez do grego !"#$%&' co significado de “lugar para ver ou contemplar”. Polo tanto, a orixe do noso teatro está na civilización grega, aínda que habería que remontarse aos rituais máxico-relixiosos das sociedades primitivas para achegarse máis ao nacemento do teatro.

Pero qué é o teatro? Nos dicionarios atopamos varios significados desta palabra. Ímonos fixar en tres: 1.- Edificio destinado á representación de pezas dramáticas ou musicais. 2.- Literatura dramática como xénero literario. 3.- Representación teatral. Na seguinte ilustración aparecen algunhas partes dun teatro. (lugar onde se representa unha obra de teatro)

Referíndonos ao segundo significado, o teatro posúe unha característica exclusiva: é unha obra literaria que se escribe coa finalidade de ser representada ante un público real e en tempo presente. Xeralmente a súa estructura é a seguinte: plantexamento do conflito, desenvolvemento, clímax e desenlace. Divídese en actos, cadros e escenas.

! Os actos están marcados pola subida e baixada do telón. ! Os cadros están marcados polo cambio do decorado (total ou parcial) ! As escenas cambian cada vez que se modifica o número de actores no escenario.

En canto ao terceiro significado atopamos elementos como: " Texto literario: texto creado polo autor-a da obra. O autor tamén se chama dramaturgo e o texto, libreto. " Actores e actrices: representan as obras dramáticas. " Directores-as: persoas que están a cargo da montaxe (armado da obra) e da dirección dos actores e actrices. " Escenografía: conxunto de obxectos e decorados que apoian a representación. " Iluminación, vestiario, maquillaxe …

Aulas-6ºB

Á B R E S E O T E L Ó N

Page 43: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

43

Tipos de obras de teatro: traxedia, comedia e drama. - A traxedia é a representación dunha acción extraordinaria que produce no público un sentimento de abraio, terror e compaixón. O final sempre é tráxico. - A comedia amosa desde o punto de vista do humor distintos aspectos da vida cotiá, provocando nos espectadores graza e risa. O desenlace é sempre alegre e feliz. Tanto a traxedia como a comedia foron postas en escena polos gregos. - O drama é a representación de problemas graves con intervención, ás veces, de efectos cómicos. O seu desenlace pode ser feliz ou infeliz. O drama apareceu en Europa a mediados do século XVI e o seu creador foi Félix Lope de Vega. Dise que escribiu máis de 1.500 obras de teatro ¡en verso! Outras obras menores: entremés, sainete … - Entremés: representábase nos descansos das obras longas. - Sainete: obra sinxela e graciosa que presenta costumes de personaxes populares. - Farsa: obra que esaxera a acción ou os personaxes. - Vodevil: comedia que basea a acción en equívocos, inxenio e sentido do humor. Xeralmente é de temática amorosa e alterna escenas dialogadas con números musicais. O texto teatral. Se lemos un texto teatral atoparémonos con varias formas de expresión: - Diálogo: conversación entre os personaxes. - Monólogo: só fala un personaxe. Tamén se chama soliloquio. - Aparte: é a forma de falar dun ou varios personaxes cando din algo e os demais finxen non enterarse. - Off: se se fala fóra de escena. Tamén veremos que aparecen entre parénteses e en cursiva uns textos que non os di ninguén. Chámanse anotacións (acoutacións). Son notas aclaratorias nas que o autor fai indicacións sobre cómo representar a obra.

Aquí tedes un pequeno pasatempo. A ver se localizades na sopa de letras estas palabras: Actor – apuntador – traxedia – escenario – anotacións – bambolinas - soliloquio

B R O T C A P S Z U A S I E B V S O T R M N R O S Z A L L O B O A L R P I I A D O U N S P V D L O A L A E F G L E O I T I T C L O S X Q S N N O S A P L A U L U A B E S L P R I T P S N O I C A T O N A

E para rematar, deixámosvos cunha expresión sacada do mundo do teatro: Imos facer mutis polo foro.

PÉCHASE O TELÓN.

Alumnado de 6º B

Aulas-6ºB

Page 44: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

44Aulas-NEAE

Page 45: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

45 Aulas-NEAE

Page 46: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

46Aulas-NEAE

Page 47: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

47 Aulas-NEAE

Page 48: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

48Entrevista a Roberto Trashorras

1. Cales foron os primeiros pa-sos que motivaron o teu gusto polo fútbol?Recórdome xa de moi pequeno cunha pelota nos pes, xogando du-rante horas cos amigos na praza da Constitución en Vilalba.2. Que recordos tes do teu paso polo Racing Club Vilalbés?Moi bos. Empecei moi pequeniño hasta os 14 anos. Recordo os parti-dos no antiguo Estadio Roca e tamén o quedarme despois dos entrenos a rematar centros cos meus adestra-dores Manel Vidal e Quique Prado.

3. Sabemos que estudaches EXB no noso Colexio, pódesnos describir un pouco a túa experiencia nesa época? Como calquer rapaz teño moi bos recordos da escola. Tiven bos amigos, bos profe-sores... e recordo especialmente intentar saír dos primeiros ao patio para coller a pista de fútbol.

4. Que estudos realizabas cando estabas na Masía o una Cidade Deportiva do R. Ma-drid?En Barcelona estudiei BUP e COU.

5. Cales son as diferencias de trato da canteira entre o R. Madrid e Barça?As duas son moi parecidas, para min as mellores do mundo. Na miña época as instala-cions eran mellores as do Barcelona aínda que hoxendía o Madrid con Valdebebas ten mellorado moito!

6. En que equipo de todos os que estiveches –sen contar o actual, claro- te sentiches máis a gusto?De todos os equipos gardo un gran recordo, si tivera que elixir un sería o Barcelona xa que cumplín o soño de poder xogar co primer equipo do Barça.

Despois de pertencer ao Rácing Vi-lalbés, debutou nas categorías infe-riores do Barça onde militou até o 2003. Estivo no Real Madrid. Máis tarde, tras pasar polo Numancia e UD As Palmas, foi contratado polo Celta de Vigo. Actualmente xoga no Rayo Vallecano.É chairego de nacemento e estudou no noso Colexio. Falamos con Rober-to Trashorras, a quen lle agradece-mos moi sinceramente que dedicara parte do seu tempo a constestar ás nosas preguntas. Moitas grazas.

www.robertotrashorras.com

Por Marcos Novo -Coordinador- e resto do Equipo

Page 49: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

49 Entrevista a Roberto Trashorras

7. Cando e en que equipo debutaches en 1ª División?Debutei co FC Barcelona con 20 anos.

8. Cales son os títulos futbolísticos que conseguiches?Entre outros, a Meridian Cup Sub-17, o Torneo Internacional en Lisboa Sub-16 coa Se-lección Española, Campeón de España coa Selección Catalana, unha Copa do Rei co Bar-ça xuvenil e algunhas ligas cos filiais do Barça e do Madrid.

9. Con que xogadores dos máis coñecidos tiveches máis relación?Con Valdés, Iniesta, Puyol, Arbeloa, Soldado... tiven e teño moi boa relación.

10. Se non foses futbolista, a que che gostaría dedicarte?Gustaríame ter sido médico, por exemplo.

11. Cal foi a túa mellor e a túa peor experiencia futbolística?A mellor, o meu debut co Primeiro equipo do Barcelona e a peor a pérdida do ascenso a primera división co Celta de Vigo.

12. Como te sentías cando te tiñas que enfrontar a un equipo no que tiñas xogado con anterioridade?O principio sínteste un pouco raro pero é algo fermoso e especial.

13. Cando e contra quen metiches o primeiro gol en 1ª División e que sentiches?Foi no Rayo Vallecano contra a Real Sociedade e sentín unha enorme alegría.

14. Cal foi o teu gol máis importante? E o máis bonito?Destacaría dous: un cando xogaba no Celta, foi contra o Atlético de Madrid nos cuartos de final da Copa do Rei, no Estadio Vicente Calderón; e outro, nesta temporada, contra o Granada, xa que foi no último minuto e conseguimos grazas a el a victoria.

15. Xogaches algún partido de Champions League?Si, co Barça.

16. Que fútbol che gusta máis o fútbol-forza ou o fútbol-técnica, por dicilo dalgunha maneira?Respeto todas as formas de entender o fútbol, pero pola miña maneira de xogar identifí-come máis co fútbol técnico.

17. Cal é o equipo que practica o mellor fútbol actualmente?Sin ninguna dúbida o Barcelona.

Page 50: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

50

18. Que cousa das que adoitan dicirvos os entre-nadores che pareceu máis rara, orixinal, extravagan-te, etc.?Cada mestrillo ten o seu li-briño, por exemplo ao de agora no Rayo, Paco Jémez, gústalle moito poñernos vídeos motivadores.19. Que sentes ao verte xogar nos video-xogos? E ao verte nos cromos? Gra-vas os partidos que xogas para velos despois?E unha enorme satisfacción é gústame gravar os partidos e logo velos.

20. En que equipo che gustaría colgar as botas? Tes pensado continuar no mundo do fútbol cando chegue ese momento?A verdade é que aínda non o pensei, pero cando chegue o momento, gustaríame seguir ligado a este mundo do fútbol e o deporte.

21. Cal é a posición na que mellor te desenvolves no campo?De mediapunta ou mediocentro.

22. Quen era o teu ídolo futbolístico de pequeno?Non tiña un ídolo en especial, gustábanme moitos, entre eles Romario, Ronaldo, Guardiola ...

23. Falando de ídolos, escolle o mellor para ti entre os seguintes: Di Stefano, Pelé, Maradona ou Messi? Maradona e Messi.

24. Como describirías a temporada que está facendo o teu equipo actual, o Rayo Vallecano?Excelente. Que un equipo coma o Rayo estea loitando por Europa e salvado dende hai moitas xornadas é para estar moi satisfeito.

25. E a túa propia?Creo que moi boa, xoguei habitualmente e creo que na maioria dos partidos a moi bo nivel.

26. Plans para a próxima temporada?Pois aínda non o sei.

27. Como ves a situación actual do Celta e do Depor?A verdade é que están nunha situaciòn moi complicada, oxalá se podan salvar os dous.

28. E a situación en xeral do fútbol español? (Liga, selección, etc)Eu creo que moi boa. Hai cousas que se poderían mellorar pero, en xeral, creo que temos un fútbol español de moi bo nivel.

Entrevista a Roberto Trashorras

Page 51: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

51

38. Un olorO céspede dun campo de fútbol.

39. Un modelo de coche?Audi Q5.

40. O teu equipo de fútbol (ou doutro deporte)?O Rayo Vallecano.

41. Un sitio de Galicia?A Coruña.

42. Un lugar da Terra Chá?Rábade ou Vilalba.

43. Para rematar, un momento ou personaxe histórico importante que queiras destacar?O Mundial de Sudáfrica para España.

29. Podes decirnos unha cousa negativa e outra positiva do fútbol como espectá-culo?O positivo é o que di a mesma palabra: un espectáculo que desperta moitas emocións; o negativo, que as veces esquecemos que é un simple deporte.

30. Que fas nos teus ratos de ocio? Cal é a túa rutina diaria?Estar ao máximo tempo posible coa familia posto que o traballo impídeme moitas veces disfrutar dela.

31. Como che afecta a ti a situación de crise que estamos a vivir en España?Está claro que aos futbolístas aféctanos menos que a outra xente, pero intentamos poñernos nese lugar e a verdade e que estamos a vivir unha situación moi complicada e difícil.

Por último unhas cantas preguntas rápidas que llas facemos a todos os entrevistados:

32. Un tipo de música?Pop-Rock.

33. Unha canción?“Viva la vida” de Could Play.

34. Un cantante ou grupo musical?Joquín Sabina.

35. Unha comida?O caldo galego

36. Unha bebidaAuga.

37. Unha cor?Azul.

Entrevista a Roberto Trashorras

Roberto Trashorras Gayoso xoga de centrocam-pista ofensivo e o seu actual equipo é o Rayo Va-llecano. Trashorras é un xogador que destaca pola súa grande calidade técnica, trato de balón, pases, lanzamentos de falta e penalty...

PERFIL FUTBOLÍSTICO: > NOME: Roberto Trashorras Gayoso > APODO:” La Brujita del Mini “ > NACEMENTO: 28-02-1981 (Rábade) > NACIONALIDADE: Española > CLUB ACTUAL: Rayo Vallecano > POSICIÓN: Mediapunta > ESTATURA: 1,79 cm > PESO: 68kg > ANO DO DEBUT: 2001 > CLUBE DO DEBUT: FC Barcelona

TRAXECTORIA

EN

CLUBES

Page 52: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

52

A nosa BibliotecaACTIVIDADES RELACIONADAS

CO FOMENTO DA LECTURA

Na nosa Biblioteca hai moita actividade. É unha das responsables da dinamización no noso Cole.Valaí un bo exemplo diso:-Mochilas viaxeiras: Este curso continuamos mandando ás casas as mochilas viaxeiras. Nas aulas de primaria funcionan catro e en Infantil cada alumno leva o seu saquiño todas as semanas con material de biblioteca seleccionada pola súa profesora, con gran éxito e ilusión por parte do alumnado. (Temos que engadir aquí unha peque-na crítica con relación á calidade dos saquiños proporcionados polo PLAMBE que non resisten o traxín ao que son sometidos polos nenos e ne-nas de EI).-Lecturas na biblioteca: Todas as titorías dis-poñen dunha hora semanal para a búsqueda de libros que se levarán ás clases para “A hora de ler”. -Hora de Ler: continuamos co horario estableci-do o curso pasado de 20 minutos de lectura dia-ria.-Visita á Torre dos Andrade: como parte do noso proxecto de biblioteca todas as titorías vi-sitaron a antiga torre da familia Andrade, hoxe convertida en Parador Nacional, o guía que nos acompañou deunos informacións e datos intere-santes que nos axudaron moito para o desenrolo do noso proxecto.-Visita dun contacontos caracterizado como Nuno Freire que nos narrou as fazañas máis im-portantes da súa vida. A esta representación asis-tiu todo o alumnado do Centro en varias sesións adaptadas ao seu nivel madurativo.-Concerto de Mini e Mero no que nos interpre-taron cantigas medievais previa explicación do seu contido. Engadiremos aquí que conseguiron encandilar a todos os alumnos e facerlles cantar e participar activamente no concerto.-Contacontos de Nadal.

-Contacontos sobre coeducación.-Elaboración de materiales moi diferentes so-bre a Época Medieval: traxes, armaduras, libros sobre costumes da época, cantigas, sopas de le-tras, sudocus, crucigramas, bandeiríns, murais e engalanamento e ambientación de todo o Co-lexio, sobre todo nos corredores e na biblioteca.-Exposición na biblioteca de obxectos antigos, utensilios de cociña, traxes, lámpadas etc.-Visita dos membros da ANPA caracterizados de personaxes medievais para falarnos dos xeitos de vida da época.-Intercambio de actuacións entre a Escola de Educación Infantil e os alumnos de primeiro curso de primaria.-Demostración da elaboración de tecidos de liño polas mulleres da AA MM San Bartolomeu de Insua que trouxeron todo o necesario, dende o gran ata o tear, pasando polos tintes naturais, as rocas, etc, para explicarnos a complexidade do seu traballo.-Para a Semana das Letras Galegas a Biblio-teca xunto co ENDL programamos varios ac-tos: un día de teatro, obra representada polos alumnos de primeiro curso de primaria; outro de contacontos; outro de cine, onde se puide-ron ver películas nas que interviu Roberto Vidal Bolaño; cancións, que interpretaron polas aulas os alumnos de terceiro curso; e un acto no que todo o alumnado dirixido polo profesor de Mú-sica, Avelino, cantou varias cantigas axeitadas á celebración.-Para rematar o curso e como parte do noso proxecto, o profesor de Educación Física, Suso Fernández organizará unhas xustas entre cas-telos rivais, que neste caso serán as distintas titorías, cada unha delas ten un traxe medieval elaborado polos nenos para as distintas activida-des, que nos serven de distintivo para as compe-ticións.Na páxina seguinte podedes ver unha mostra fo-tográfica de todo o anteriormente citado.

Biblioteca

Polo Equipo de Redacción

Page 53: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

53 Biblioteca

Page 54: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

54Biblioteca

Romance “condes de andRade”Por Avelino Roca Rivas, profesor de Música

Houbo un tempo na historiaque l le chamaron “Medievo” ,no que as cousas mal pintabanpara os que non t iñan “diñeiro” .

Daquela moi tos trabal laban e t iñan poucos derei tos,os poderosos mandabanós pobres a reventar o pei to.

Meus amigos, no Medievoas cousas eran dist intas,unha clase dominabae as outras, somet idas.

Por eses tempos xa di tosen Vilalba gobernaban,os señores de Andradeque aquí moi ben se atopaban.

Un deles Fernán chamaronbo f i l lo de “os seus pais” ,moi tas cousas el vos f ixopara os seus e para os demais.

Disque foi un gran mecenasgrande protector das artes,loi tou contra bandoleirose viaxou por moi tas partes.

Aquí remata o romance destes vel los gobernantes,os Andrade de Vilalba,vi lalbeses dos de antes.

E que a historia os xuzguepolo que deron ao pobo,polas cousas que f ixeronpara crear un mundo novo.

E se isto non cumprironnin melloraron as cousas,que teñan grande cast igoaló debaixo das lousas.Poesía composta para o Proxecto Andrade da nosa Biblioteca (Na foto, un novo espazo para a lectura no Cole)

Page 55: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

55 Que lindo é ler!

LA LLAVE MÁGICA Por ISMAEL FRANCOSEsta historia comeza o día do cumpleanos de Omri. Todos lle regalan cousas fabulosas menos o seu irmán, que lle regala un pequeno armario de metal aboiado. Non tiña la llave pero se empeñó en buscarla hasta que la encontró. En el interior del armario, antes de irse a dormir, introdujo una pequeña figurita de plástico, un indio. Al día siguiente el pequeño indio había tomado vida. Omri pasó varios días sin decírselo a nadia pero al final no aguantó la y se lo contó a su mejor amigo. Aí empezaron todas las aventuras de este libro.

PARQUE MUERTE Por AINÉ NOVO Colección Tucán Rojo Lingua orixinal: Castelán Xénero: Humor, terror e acción Autor: Fernando Lalana Recomendado a partir dos 11 ou 12 anosResumo:Eufemiano Cordiales é o novo asesor de imaxe dunha empresa de armas PRISPOSA (Pistolas e Proxectís S. A.), quen propón crear un parque temático dedicado á morte coa intención de mellorar a mala imaxe da empresa e das armas. O éxito foi absoluto e todo funcionou moi ben ata que, un ano despois da súa inauguración, uns acontecementos terribles e sen explicación produciron unha situación realmente inaudita e, en certo modo, aterradora, que podía levar ao traste o proxecto. Unha situación que ocultaron a opinión pública, pero que era necesario resolver urxen-temente…Opinión: É un libro bo porque ten bastante xénero: dende aventuras e estupor, ata misterio e medo. A min gustoume porque mantente en tensión ata o final. Inda que pareza moi grande, cando comezas a lelo quédaste aislado/ada do resto que ocurre ao teu redor. É una boa elección.

O TRONO DE FOGO Por DAVID DE LA FUENTEEste libro trata de dous nenos con poderes máxicos que queren despertar a Ra o deus do sol para evitar que Apofis que é a encarnación do caos destruia o mundo, pero Desjardins o xefe da Casa da Vida, que é unha organización de magos, intentarao deter porque esta prohibido tartar cos deuses.

LA PERLA DE BENGALA Por UXÏA GATOAutor: Sir Steve Stevenson Ilustrador: Stefano Turconi Traductor: Paulino Rodríguez Nº de páginas: 133 Editorial: La GaleraAgatha Mistery é una aspirante a detective que anda polo mundo co seu primo Larry, o seu maiordomo e o Gato Watson para resolver moitos misterios moi raros. Neste conto eles diríxense á India para intentar descubrir quen roubou a Perla de Bengala dun templo hindú. O vixiante do templo desaparece deixando tan só un vídeo coa súa voz. Cando chegan ven que hai moitos sospeitosos e comezan a investigar .

Que lindo é ler!

Page 56: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

56Noticias do Cole

Noticias do ColeNo noso Cole levamos a cabo unha grande can-tidade de actividades ao longo do curso escolar. Citamos a continuación algunhas das que máis nos gustaron:O día 23 de septembro visitáronos os músicos do conservatorio de Vilalba que nos ensinaron e explicaron o funcionamento dos instrumentos que tocaban e os seus sonidos para animarnos a ir ao conservatorio. Poucos días despois vimos unha parte dunha obra de teatro moi interesante e divertida do gru-po de teatro Merlín, todos o pasamos moi ben.O día 14 de decembro de 2012 foi un día es-pecial. Visitounos un gran campión: o triatleta ferrolano Javier Gómez Noya. Este triatleta que-dou subcampeón olímpico con medalla de prata en Londres 2012, campión de Europa e do mun-do varias veces. Temos que darlles as grazas a todos os que organizaron esta actividade (incluí-do Adrían, o seu entrenador) por facer posible esta visita e brindarnos a oportunidade de ver, escoitar e charlar animadamente, e tan de cerca, con todo un campión.Tivemos a oportunidade tamén de asistir a unha charla sobre o acoso escolar, os problemas de in-ternet e sobre o alcohol e drogas, específicamen-te destinada ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. O Día da Paz nesta ocasión tivo a particularida-de de ser común nos tres colexios de infantil e primaria da localidade.Fumos de visita ao Parador e alí Manuel Rubi-ños contounos un pouco a historia que envolve a esta torre da homenaxe. Uns días máis tarde, Manuel veu á nosa Biblioteca a contarnos unha pequena historia sobre Os Andrade. Nós partici-pamos moi activiamente no conto con vestimen-ta da época que previamente confeccionamos das aulas.O día 5 de abril foi un día moi alegre e entretido tamén. Tivemos a sorte de poder contar con dous grandes da música galega: Mini e Mero. Can-táronnos unhas cancións sobre a idade media e outras de carácter popular. A mañá pasóusenos de contadiño e Mini e Mero coas súas cancións deixáronnos a todos abraiados e cheos de ledi-cia.O dia da árbore celebrámono no noso Cole o día 22 de abril. Ese día prantamos uns arbustos e

máis unha bidueira. Foi unha actividade moi entreti-da e educativa que nos axudará a coidar máis o me-dio ambiente. Moitos de nós participamos nas probas clasificato-rias de atletismo. Pásamolo moi ben e clasificouse moita xente ao igual que na segunda proba, reali-zada o día 14 de abril. No campionato provincial houbo numerosas medallas para alumnado do noso Colexio.

Por Ismael, Manuel, David, Sarah, Denise e Noelia

Page 57: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

57 Investigación

Investigación

Un cruceiro é un monumento relixioso cons-tituído por unha cruz de pedra, cunha ou va-

rias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares pú-blicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza. Non se coñece o número dos existentes en Galicia. Dise que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. ORIXEXa desde os principios do cristianismo se buscou unha sacralización dos lugares de culto pagán ou sospeitosos de ter tal culto. Con ese obxectivo colocáronse cruces sobre pedras con algunha simboloxía, sobre menhires ou pedras significativas. Outro exemplo desta intención cristianizante témolo no cruceiro de Pesqueira (Baños de Molgas), levantado sobre un petróglifo. Por outra banda, están as cruces colocadas sobre miliarios roma-nos, das que aínda quedan exemplos como o cruceiro de Foncuberta, en Maceda (Ourense).A orixe dos cruceiros, tal como os entendemos hoxe, pode situarse na segunda metade do século XIV ou xa no século XV. O cruceiro máis antigo que se conserva (o de Melide, do século XIV) é unicamente unha cruz sobre unha columna moderna, do que Castelao deduce que, en orixe, os nosos cruceiros eran só cruces de pe-dra que se trasladaban dun lugar a outro ata asentarse nalgún momento sobre unha pedra ou sobre un pedestal.

OS CRUCEIROSESTRUCTURA Estruturalmente, os cruceiros son esculturas en pedra de granito, coa cruz esculpida normalmente nunha soa peza, aínda que os hai con imaxes engadidas á cruz. De altura variable, adoitan ter entre 3 e 5 metros da base ó cumio da cruz. Moitas delas estiveron policromadas nun principio e hoxe en día poden verse restos de policromía en moitos deles e, nalgún caso, a pintura renóvase ata a actualida-de. Salvo excepcións, os cruceiros están constituídos por unha única cruz, pero hai casos nos que atopamos grupos de tres cruces. Son os calvarios, nos que habitualmente só está tallada a cruz central e, ás veces, nin esta. A expre-sión simplificada do cruceiro é a cruz de pedra, soa, sen máis nada, pero resultan moito máis habituais os crucei-ros máis elaborados. A tipoloxía dos cruceiros galegos é moi variada, pero basicamente consta dos seguintes ele-mentos:• O basamento ou plataforma dunha ou máis gradas, habi-tualmente tres, ás veces desigual para adaptarse á penden-te do terreo. A base adoita ser cuadrangular pero tamén as hai octogonais, triangulares e mesmo circulares. Hainos tamén (moi poucos) sen base ningunha.• O pedestal, peza normalmente cuadrangular, cúbica, coas arestas biseladas. As caras poden ser lisas ou con al-gunha inscripción, na cara frontal. Esta inscrición permite coñecer a data na que se erixiu e o motivo, co nome de quen o encargou. Hai bases moi elaboradas, con caveiras, ósos, serpes e outros elementos decorativos e figurativos• O fuste: columna de sección cuadrangular, octogonal ou cilíndrica. • O capitel, de complexa e variada composición, imitan-do os estilos arquitectónicos clásico, románico ou gótico, con volutas, follas, caveiras, anxos, santos etc. En oca-sións, o capitel é unha esfera que simboliza o mundo.• A cruz, cun Cristo crucificado (só, coa Virxe, con anxos) na súa cara anterior, a orientada ó camiño principal, e a imaxe da Virxe ou de algún santo na súa cara posterior. Hai cruceiros especialmente decorados. A cruz, coma o fuste, pode ser de sección redonda ou cuadrangular. • O pousadoiro, unha mesa situada xunto á base do cru-ceiro. Este elemento só está presente nos cruceiros situa-dos nun camiño sacramental ou nos camiños ó cemite-rio, e servía para que a comitiva fúnebre puidera pousar o cadaleito e rezar os responsos ao morto. Nalgunha ocasión utilízase tamén como altar para celebrar misas ao aire libre, o que é máis común nos cruceiros bre-tóns • Os cruceiros son unha mostra clara do noso patrimo-nio histórico, artístico, cultural e etnográfico que cómpre conservar. Non obstante, o estado de conservación dos cruceiros galegos, como todo o resto do seu patrimonio, é moi irregular. >>>>>

Page 58: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

58Investigación

A PRAVIAEncravada na Terra chá, unha das bisbarras lucenses máis senlleiras, na vila de Vilalba, álzase, altiva e maxestosa, a torre octogonal, hoxe convertida en Parador de turismo, re-cordo da existencia dunha antiga fortificación desaparecida. Preto deste elemento emblemático, monumento patrimonial dende o ano 1985, ao lado da Casa da Cultura e do xardín municipal, localízase unha árbore carismática para os vilal-beses: “A Pravia”, vocablo cuxa orixe pode ter relación co lugar asturiano da persoa que a trouxo e a plantou, ou, tal vez, sexa unha deformación de “pradairo”, nome galego da especie. A arbore atópase en pleno centro da vila, na praza Suso Gayoso, ao borde da rúa da Pravia. Está rodeada na base po un murete pétreo de protección e ornato, que en-cerra boa parte do tronco. Queda visible soamente o tramo superior. Ten tres potentes brazos, un dos cais é de maior

volumetría e pronto se bifurca en dúas unidades que, en suma, totalizan catro orientadas cara os catro puntos cardinais encaixadas da configuración copal; influencia da practica dunha poda manual.En todo os brazos obsérvanse nodosidades abundantes e de diversa consideración; sendo notoria a presenza de abrazadeiras metálicas, unidas por cables, cuxa tensión mantén firme a arquitectura le-ñosa, evitando desgaxes e tronzamentos.Non hai referencias exactas da súa idade. Fotografías do século XX, onde xa se aprecia o seu consi-derable porte, permiten supoñer que a súa plantación produciuse no último cuarto da centuria deci-monónica.A Pravia está considerada unánimemente por todos coma un dos símbolos da Chaira.

Javi, Marcos, Pablo e Alberte

OS CRUCEIROS EN VILALBAA Terra Chá é unha bisbarra onde abundan os cruceiros. Na maioría das parroquias do concello de Vilalba hai colocados moitos deles. A parroquia que conta cun maior número e a de Román, con 18 cruceiros. Na vila de Vilalba contamos con 9, entre os que podemos citar:• O cruceiro dos Catro Camiños: Houbo un intento de trasladar este cruceiro e foi evitado pola acción popular. Con este motivo celébrase unha festa o 1º de maio.• O cruceiro do Calvario: Este cruceiro está protexido por un cadeado de ferro sobre catro pivotes do mesmo material.• O cruceiro de Fraga: Parece que este cruceiro foi instalado no lugar no que morreu unha persoa.• O cruceiro do Xabarigo: Hai que comprobar a propiedade des-te cruceiro e proceder á súa restauración e colocación nun espa-zo aberto.O cruceiro máis novo colocado nas parroquias arredor de Vilal-ba é o cruceiro da Rula do Foxo, en Corbelle, que foi construído no ano 2002. E o cruceiro máis antigo é o cruceiro da Igrexa (Boizán) que se construiu no 1765.En xeral os cruceiros de Vilalba están en bo estado de conservación, aínda que hai algúns para res-taurar.

Carla e Iria

Page 59: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

59 Investigación

1-Cal é o teu libro favorito?Primeiro posto para Gerónimo StiltonSegundo posto para Tea StiltonTerceiro posto para Mortadelo e FilemónCuarto posto para Scooby Doo2-Cal é o teu escritor/a favorito/a?Primeiro posto para Agustín Fernández PazSegundo posto para Elisabbeta DamiTerceiro posto Julio VerneCuarto posto Miguel de Cervantes3-En que sitio acostumbras a ler?Primeiro posto: na camaSegundo posto: no sofáTerceiro posto: na bibliotecaCuarto posto: no baño4-Que tipo de libros che gustan máis?Primeiro posto: os de aventurasSegundo posto: os de medoTerceiro posto: os de misterioCuarto posto: os de fantasía

1-Que material che gustaría que trouxeran para o noso Colexio?Primeiro posto: ordenadoresSegundo posto: tabletsTerceiro posto: pantallas táctiles2-Que comida che gustaría que deran no comedor?Primeiro posto: hamburguesasSegundo posto: churrascoTerceiro posto: lasaña3-Que asignatura che gustaría que quitasen?Primeiro posto: MatemáticasSegundo posto: Coñecemento do MedioTerceiro posto: Música4-que asignatura prefires?Primeiro posto: Educación FísicaSegundo posto: PlásticaTerceiro posto: Matemáticas

1.-Cal é o teu programa ou serie favoritos?Primeiro posto para “LA QUE SE AVECINA”.Segundo posto para “LA VOZ”.Terceiro posto para “POKÉMON”.

2.-Cal é o teu canal favorito?Primeiro posto para “FDF”.Segundo posto para “DISNEY CHANNEL”.Terceiro posto para “CLAN”.

3.-Cal é a túa película favorita?Primeiro posto para “TED”.Segundo posto para “DORAEMON EL GLADIADOR”.Terceiro posto para “TADEO JONES”.

4.-Cal é o teu personaxe favorito?Primeiro posto para “ANTONIO RECIO”.Segundo posto para “BART SIMPSON”.Terceiro posto para “BOB ESPONJA”.

Enquisa Por Iyán, Sarah, Carla, Iria, David, Ismael, Manuel, Pablo, Denise, Ainé, Alberte, Javi, Uxía, Ana e Noelia

LECTURA

COLEXIO MÚSICA DEPORTE

TV

1.-Cal é a canción favorita?1ª Lagrimas desordenadas2ª Oppa Gangam Style3ª Danza Kuduro

2.- Cal é o cantante preferido?1º Melendi2º Justin Bieber3º PSY(cantante de Oppa Gan-gam Style)3.- Cal é o tipo de música favo-rita?1ª Rock2ª Pop3ª Clásica

4.- Cal é o instrumento favori-to?1º Guitarra2º Piano3º Batería

1.-Cal é o teu deporte preferi-do?1º A Ximnasia Rítmica2ª O Fútbol3ª O Tenis

2.- Cal é o deporte que practi-cas a miúdo?1º O Fútbol2º A Ximnasia Rítmica3º A Natación

3.- Que deporte cres que se de-bería practicar no Cole?1º A Natación2º O Fútbol Americano3º O Triatlón

4.- Cal é o teu de-portista favorito?1º Leo Messi2º Cristiano Ronaldo3ª Rafa Nadal

Estes son os resultados dunha enquisa que realizamos ao alumnado do noso Colexio sobre diversos temas: lectura, tv, música, deporte e sobre o propio Colexio.

Page 60: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

60Educación Física

Educación Física Por Jesús M. Fernández Abuín, profesor de EF no Centro

Page 61: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

61 Educación Física

Page 62: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

62Educación Física

Page 63: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

63 Educación Física

Page 64: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

64Educación Física

Page 65: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

65 Educación Física

Page 66: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

66Educación Física

Page 67: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

67 Educación Física

Page 68: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

68

COÑÉCER É COMPRENDER

Orientación

Non me deas todo o que che pido. Ás veces, só pido para ver ata canto podo coller.

Non me berres.Respéctote menos cando o fas;e apréndesme a berrar a min tamén.E... eu non quero facelo.

Non me deas sempre ordes.Se en vez de ordes, ás veces me pedises as cousas,eu faríao máis rápido e con máis gusto.

Cumpre as promesas, boas e malas.Se me prometes un premio, damo;pero tamén se é un castigo.

Non me compares con ninguén,especialmente co meu irmán ou a miña irmá.Se ti me fas sentirme mellor que os demais,alguén vai sufrir;e se me fas sentirme peor que os demais,serei eu quen sufra.

Non cambies de opinión tan a miúdosobre o que debo facer.Decide e mantén esa decisión.

Déixame valerme por min mesmo.Se ti fas todo por min,eu nunca poderei aprender.

Non digas mentiras diante de min,nin me pidas que as diga por ti,aínda que sexa para sacarte dun apuro.Fasme sentir mal

e perder a fe no que me dis.Cando eu fago algo malo,non me esixas que che diga por que o fixen.Ás veces nin eu mesmo o sei.

Cando esteas equivocado en algo, admíteo,e crecerá a boa opinión que eu teño de ti,e así aprenderasme a admitir as miñas equivocacións.

Trátame coa mesma amabilidade e cordialidadecon que tratas aos teus amigos.Porque sexamos familianon quere dicir que non poidamos ser amigos tamén.

Non me digas que faga unha cousase ti non a fas.Eu aprenderei sempre o que ti fagas,aínda que non mo digas.Pero nunca farei o que ti digas e non fagas.

Cando che conte un problema meu,non me digas “non teño tempo para bobadas”,ou “iso non ten importancia”.Trata de comprenderme e axudarme.

E quéreme. E dimo.A min gústame oírcho dicir,aínda que ti non creas necesario dicirmo.

Orientación Por Mª Nila González Ferreiro, Orientadora do Centro

“Carta dun fillo aos seus pais” (ViCenç arnaiz)

Page 69: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

69 A páxina de ANPA

Xa que temos un oco para contarvos, a modo de resumo, como foi o curso 2012-13, tentaremos ser breves e non aburrirvos. O noso traballo estivo orientado sobre todo a organizar as actividades extraes-colares para os rapaces do Centro.

Coma ven sendo habitual ofrecimos un abanico de diversas actividades, aínda que non todas se levaron a cabo. Finalmente as que tiveron boa acollida entre socios e non socios foron “taller de inglés”, “nata-ción”, “informática”, “fútbol-sala”, e como novidades ofrecímosvos “patinaxe” e “iniciación á música”.

Xa había uns anos que non se ofrecía a actividade de “patinaxe” e parece que tardaba, pois tivo moito éxito. Agora só falta que se anime a fronte masculina, que sabemos que tamén disfruta patinando.

Non foi o mesmo caso o da “iniciación á música”, pois a matrícula foi moi escasa. Aínda así consegui-mos mantela e desde a ANPA tentaremos seguir ofrecendo esta actividade, porque sabemos que está comprobado científicamente que a estimulación musical favorece o desenvolvemento neuronal dos ne-nos e contribúe ao seu equilibrio emocional, ademáis de facilitarlle aos nosos fillos/as o inicio a coñece-mentos que se lle piden non só ao longo da primaria senón tamén da secundaria. Por iso vos animamos a que en próximos cursos matriculedes aos vosos fillos nesta actividade.

ACTIvIDADES DO NADAL:O Nadal este ano celebrámolo en feminino. A visita tradicional aos máis pequenos (Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria) correu a cargo dunha contacontos versátil e da terra: Estrella Naseiro, e veu acompa-ñada de Mamá Noel, que aproveitou a súa visita para entregarlles os agasallos a todo o alumnado que participou na actividade.

O 21 de decembro, que foi un venres, pola tarde orga-nizamos a xa tradicional “chocolatada” con churros. Antes da lambetada puidemos disfrutar da interpreta-ción dunha breve obra de teatro na que os protagonis-tas eran monicreques. Tamén aproveitamos esta xun-tanza para entregar os premios do Concurso de Postais de Nadal, organizado pola ANPA e no que resultaron premiadas as postais de Érica Currás Blanco (4ºA), Yeriam Gato Fernández (infantil, 4 anos) Óscar Veiga González (1ºA) e Rares Mezdrea (5ºA). Este ano os premios consistiron nun diploma e un vale para com-pra de material escolar para cada un dos premiados.

A Páxina de ANPA

Page 70: Apravia lg2013 def

aPraviaLetras Galegas’2013CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

70A páxina de ANPA

OUTRAS ACTIvIDADES:Debido aos recortes institucionais e á situación de crise económica que estamos vivindo, desde a direc-tiva da ANPA puxémonos a organizar a creación dun banco de libros cara ó vindeiro curso 2013/2014. Consideramos que este é un proxecto posible e positivo para o alumnado do Centro, pero necesitamos a colaboración de todos.

Falando de recortes, a directiva da ANPA do CEIP Antonio Insua Bermúdez acordou sumarse ás convo-catorias de folga, que foron apoiadas pola CONFAPA Galicia e outras Federacións de ANPAS de todo o país, para defender os dereitos dos nosos fillos/as diante dos contínuos “recortes dos recortes” que nos últimos tempos vén sofrindo o Ensino Público. Aínda que foron as familias as que tiveron a decisión última de enviar o alumnado ao centro escolar, sabemos que a gran maioía secundástedes estas medida de protesta .

O Centro remodelouse, moito e moi ben (un aplauso para todo o equipo de mestres que fixo posible tal transformación en tan pouco tempo). Un dos cambios foi a instalación dunha nova aula de informática, onde colaboramos coa doazón de dúas computadoras, que nos veñen moi ben para usar na actividade extraescolar de “informática”, que xestiona a ANPA.

Tamén seguimos coa recollida de tapóns, este cur-so para colaborar coa familia dun neno do noso centro, Adrián.

ACTIvIDADES fIN DE CURSO:En canto á excursión e á festa de fin de curso, só podemos adiantarvos que esta vez iremos a Allariz (Ourense), a vila natal de Vicente Risco, onde pa-searemos polas rúas do premiado casco histórico (declarado en 1971 Conxunto Histórico Artístico e Premio Europeo de Urbanismo en 1994) e desco-briremos espazos singulares dos arredores. Pasea-remos pola Alameda ata chegar ao Arnado, a zona

de esparexemento que atoparemos ao final do noso paseo, xunto á ponte románica de Vilanova. Seguro que difrutamos (se o tempo nos deixa) da Acearrica ao pé do río Arnoia, e ata pode que nos animemos a alugar un paseo en barca. Procuraremos visitar o museo do xoguete e o do coiro, que seguro que chamará atención non só dos rapaces, senón de toda a familia.

A festa de fin de curso probablemente a realizaremos, coma nos últimos anos, na Área Recreativa de A Magdalena, e estamos seguros que conseguiremos despedir o curso de xeito divertido!

Xa vos iremos informando para poder apuntarvos socios e non socios.

Se queredes poñervos en contacto coa ANPA po-dédelo facer deixando unha nota na secretaría do Centro ou ben chamando ao teléfono 697 190 473.

Un saúdo e bo verán para todos/as!!!!

Page 71: Apravia lg2013 def

As nosas portas Quen entre no noso Colexio despois dun tempo, darase conta inmediata-mente do gran cambio producido nas portas de acceso a algunhas depen-dencias do mesmo. E non é que se cambiaran por outras novas. Que va!!!

Foron pintadas cada unha cun motivo distinto e máis ou menos relacionado coa actividade que se realiza tras de-las. Que ben quedaron!!! A culpa hailla que botar á nosa pintora de cámara: María Guerrero. Bravo pola artista!!!

Departamento de Orientación

Comedor Usos múltiplesBiblioteca

Secretaría - Xefatura de Estudos Conserxaría Arquivo

Sala do Profesorado Audición e Linguaxe

Page 72: Apravia lg2013 def

Os nosos murais dosAndrade