31º domingo toc 2013 bene pagola

14
3 de novembro de 2013 31º Tempo ordinario (C) Lucas 19, 1-10 José Antonio Pagola Música: Beethoven.Romance para violín Presentación:B.Areskurrina ga HC

Transcript of 31º domingo toc 2013 bene pagola

Page 1: 31º domingo toc 2013 bene pagola

3 de novembro de 201331º Tempo ordinario (C)

Lucas 19, 1-10

José Antonio Pagola

Música: Beethoven.Romance para violínPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain.

Page 2: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Xesús alerta con frecuencia sobre o risco de quedar atrapados pola atracción

irresistible do diñeiro. O desexo insaciable de benestar material pode botar a perder a vida dunha persoa.

Page 3: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Non fai falla ser moi rico. Non fai falla ser moi rico. Quen vive escravo do diñeiro termina Quen vive escravo do diñeiro termina

encerrado en si mesmo. encerrado en si mesmo. Os demais non contan.Os demais non contan.

Segundo Xesús, “onde estea o voso Segundo Xesús, “onde estea o voso tesouro, alí estará o voso corazón”.tesouro, alí estará o voso corazón”.

Page 4: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Esta visión do perigo deshumanizadorEsta visión do perigo deshumanizador do diñeiro non é un recurso do Profetado diñeiro non é un recurso do Profeta

indignado de Galilea. indignado de Galilea. Diferentes estudos analizan o poder do diñeiro como unha Diferentes estudos analizan o poder do diñeiro como unha forza ligada a pulsións profundas de autoprotección, busca forza ligada a pulsións profundas de autoprotección, busca

de seguridade e medo á caducidade da nosa existencia.de seguridade e medo á caducidade da nosa existencia.

Page 5: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Con todo, para Xesús, a atracción do diñeiro non

é unha especie de enfermidade incurable. É posible liberarse da

súa escravitude e empezar unha vida

máis sa. O rico non é

“un caso perdido”. é moi esclarecedor o

relato de Lucas sobre o encontro de Xesús cun home rico de Xericó.

Page 6: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Ao atravesar a cidade, Xesús

encóntrase cunha escena

curiosa. Un home de pequena

estatura subiu a unha poderoso

“xefe de recadadores”.

Page 7: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Para a xente de Xericó, un ser

desprezable, un recadador

corrupto e sen escrúpulos como

case todos. Para os sectores

relixiosos, “un pecador” sen conversión

posible, excluído de toda

salvación.

Page 8: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Non obstante, Xesús faille unha Non obstante, Xesús faille unha proposta sorprendente: proposta sorprendente:

““Zaqueo, baixa decontado porque Zaqueo, baixa decontado porque teño que aloxarme na túa casa”teño que aloxarme na túa casa”. .

Xesús quere ser acollido na súa casa de pecador, no Xesús quere ser acollido na súa casa de pecador, no mundo de diñeiro e de poder deste home desprezado mundo de diñeiro e de poder deste home desprezado

por todos. por todos.

Page 9: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Zaqueo baixou en seguida e

recibiuno con alegría.

Non ten medo de deixar entrar na súa vida ao Defensor dos

pobres.

Page 10: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Lucas non explica o que sucedeu naquela casa.

Só di que o contacto con Xesús transforma radicalmente ao rico Zaqueo. O seu compromiso é firme.

Page 11: 31º domingo toc 2013 bene pagola

En adiante pensará nos pobres:En adiante pensará nos pobres: compartirá con eles os seus bens. compartirá con eles os seus bens.

Recordará tamén as vítimas Recordará tamén as vítimas das que abusou:das que abusou:

devolveralles abondo o roubado.devolveralles abondo o roubado. Xesús introduciu na súa vida Xesús introduciu na súa vida

xustiza e amor solidario.xustiza e amor solidario.

Page 12: 31º domingo toc 2013 bene pagola

O relato conclúe cunhas palabras O relato conclúe cunhas palabras admirables de Xesús: admirables de Xesús:

““Hoxe entrou a salvación nesta casa. Tamén Hoxe entrou a salvación nesta casa. Tamén este é fillo de Abraham. este é fillo de Abraham.

Porque o Fillo do Home veu buscar e salvar o Porque o Fillo do Home veu buscar e salvar o que estaba perdido”que estaba perdido”. .

Page 13: 31º domingo toc 2013 bene pagola

Tamén os ricos se poden converter. Tamén os ricos se poden converter. Con Xesús todo é posible. Con Xesús todo é posible.

Non o temos que esquecer ninguén. Non o temos que esquecer ninguén. El veu para buscar e salvar o que nós podemos estar El veu para buscar e salvar o que nós podemos estar

botando a perder. botando a perder. Para Xesús non hai casos perdidos.Para Xesús non hai casos perdidos.

Page 14: 31º domingo toc 2013 bene pagola

PARA XESÚS NON HAI CASOS PERDIDOS

Xesús alerta con frecuencia sobre o risco de quedar atrapados pola atracción irresistible do diñeiro. O desexo insaciable de benestar material pode botar a perder a vida dunha persoa. Non fai falla ser moi rico. Quen vive escravo do diñeiro termina encerrado en si mesmo. Os demais non contan. Segundo Xesús, “onde estea o voso tesouro, alí estará o voso corazón.

Esta visión do perigo deshumanizador do diñeiro non é un recurso do Profeta indignado de Galilea. Diferentes estudos analizan o poder do diñeiro como unha forza ligada a pulsións profundas de autoprotección, busca de seguridade e medo á caducidade da nosa existencia.

Con todo, para Xesús, a atracción do diñeiro non é unha especie de enfermidade incurable. É posible liberarse da súa escravitude e empezar unha vida máis sa. O rico non é “un caso perdido”. É moi esclarecedor o relato de Lucas sobre o encontro de Xesús cun home rico de Xericó.

Ao atravesar a cidada, Xesús encóntrase cunha escena curiosa. Un home de pequena estatura subiu a unha figueira para poder velo de cerca. Non é desconocido. Trátase dun rico, poderoso “xefe de recadadores”. Para a xente de Xericó, un ser desprezable, un recadador corrupto e sen escrúpulos como case todos. Para os sectores relixiosos, “un pecador” sen conversión posible, excluído de toda salvación.

Non obstante, Xesús faille unha proposta sorprendente: “Zaqueo, baixa decontado porque teño que aloxarme na túa casa”. Xesús quere ser acollido na súa casa de pecador, no mundo de diñeiro e de poder deste home desprezado por todos. Zaqueo baixou en seguida e recibiuno con alegría. Non ten medo de deixar entrar na súa vida ao Defensor dos pobres.

Lucas non explica o que sucedeu naquela casa. Só di que o contacto con Xesús transforma radicalmente o rico Zaqueo. O seu compromiso é firme. En adiante pensará nos pobres: compartirá con eles os seus bens. Recordará tamén as vítimas das que abusou: devolveralles abondo o roubado. Xesús introduciu na súa vida xustiza e amor solidario.

O relato conclúe cunhas palabras admirables de Xesús: “Hoxe entrou a salvación nesta casa. Tamén este é fillo de Abraham. Porque o Fillo do Home veu buscar e salvar o que estaba perdido”. Tamén os ricos se poden converter. Con Xesús todo é posible. Non o temos que esquecer ninguén. El veu para buscar e salvar o que nós podemos estar botando a perder. Para Xesús non hai casos perdidos.

José Antonio Pagola