O arco da vella

10
O ARCO DA VELLA Variacións sobre un poema de Manuel María Alumnado de Ensinanzas Básicas

Transcript of O arco da vella

Page 1: O arco da vella

O ARCO DA VELLA

Variacións sobre un poema de Manuel María

Alumnado de Ensinanzas Básicas

Page 2: O arco da vella

Vermellas amarelas e moradastodas xuntas mesturadasforman o Arco da Vella-pingas de choiva penduradas-

O Arco da Vellavístese de cores para recibir a primavera-e tamén aos pescadores-

Teresa Costas

Page 3: O arco da vella

O arco da velladesde os seus coloreschora gotas de flores.

O arco da vellareflictido no marparece florido.

Francisca Santos

Page 4: O arco da vella

Oh Arco da Vellaque bebes no mar,agrandas a crestapara nos mollar.

Oh Arco da Vellaxigante volcán,traes o teu fillocollido da man.

Luisa Martínez

Page 5: O arco da vella

AO LONXE POLO MARVEN O ARCO DA VELLAANUNCIANDO A CHUVAQUE MOLLARÁ AS TELLAS

POLO MONTE DE SAN ROQUENAVEGA O ARCO DA VELLAPOLO MONTE DE SAN ROQUEE O CAMIÑO DA VERDELLA

POLO MAR ABAIXOVAN AS BERTORELLASE POLO CEO VAIO ARCO DA VELLA

Josefina Carmen Rodríguez Gil

Page 6: O arco da vella

O arco da vella ten moitos colores e cando se loce rega as flores

O arco da vella de luz feito é aluma sen sol ben fino vos é

Mª Josefa Rúa Miranda

Page 7: O arco da vella

O arco da vella ás veces anuncia choiva e outras veces flores

O arco da vellapaseando pola area na praia de Rodeira

brillando está María González

Molanes

Page 8: O arco da vella

O ARCO DA VELLA

BEBE DO RÍO TÉ

EU SEMPRE O MIRO

TOMANDO CAFÉJosefa Tubío

Page 9: O arco da vella

O ARCO DA VELLA NO CEU COLORIDOÉ TAN GRANDEQUE DAS UN SUSPIRO

CANDO SAES E BRILLASMIRO PARA TICO GUAPO QUE ESDAN GANAS DE RIR

Carmen Vilariño

Page 10: O arco da vella

O arco da vella sete cores ten vense desde Coiro e de Rodeira tamén

O arco da vella Con todas as cores cando esperta ilumina as flores

Fermina Gonzales