Canto de Nadal

16
CANTO NADAL CHARLES DICKENS ROBERTO INNOCENTI DE

description

Fora de colección

Transcript of Canto de Nadal

Page 1: Canto de Nadal

CANTO

NADAL

C H A R L E S D I C K E N S

R O B E R T O I N N O C E N T I

DE

Page 2: Canto de Nadal
Page 3: Canto de Nadal

7

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

P R I M E I R A E S T R O F A

MARLEY MORRERA; iso para comezar. Que

non quede dúbida ningunha. A súa acta de ente-

rramento foi asinada polo crego, o funcionario,

o enterrador e o parente máis próximo. Scrooge

asinouna: e o nome de Scrooge tiña boa reputa-

ción na Bolsa e para calquera cousa que asinase.

O vello Marley estaba tan morto coma o cravo

dunha porta.

Ollo! Non quero dicir con isto que eu, pola miña experiencia, saiba que é o

que ten de morto o cravo dunha porta. Máis ben pensaría que o cravo dun ataúde

é a peza de ferralla máis morta do mercado. Mais a sabedoría dos nosos devanceiros

vese nese símil e as miñas impuras mans non van mudalo, non sexa que o país vaia

ao garete. Así as cousas, permitiranme repetir e facer fincapé en que Marley estaba

morto coma o cravo dunha porta.

E Scrooge sabía que estaba morto? Desde logo que sabía. Como non o ía saber?

Scrooge e el foran socios durante non sei cantos anos. Scrooge era o seu único tes-

tamenteiro, o seu único administrador, o seu único cesionario, o seu único herdeiro

Page 4: Canto de Nadal

8

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

universal, o seu único amigo e o único que lle foi ao funeral. Nin sequera Scrooge

estaba terriblemente afectado polo triste pasamento; era un home de negocios tan

excelente que no mesmo día do funeral solemnizouno facendo un bo negocio.

Esta mención ao funeral de Marley lévame de volta ao punto onde comecei.

Non cabe dúbida de que Marley estaba morto. Isto hai que telo ben claro; de non

ser así, o conto que vou relatar non tería nada de marabilloso. De non estarmos

totalmente convencidos de que o pai de Hamlet morrera antes de comezar a peza,

daquela no seu paseo nocturno polas murallas, baixo o vento de levante, non habería

nada salientable: sería un simple cabaleiro de mediana idade saíndo de noite por

un lugar ventoso (o camposanto de San Paulo, por exemplo) co fin de asombrar a

débil mente do seu fillo.

Scrooge nunca chegou a tapar no letreiro o nome do vello Marley. Alí seguía,

anos despois, sobre a porta do negocio: Scrooge e Marley. O negocio coñecíase

como Scrooge e Marley. Ás veces a xente referíase ao negocio como Scrooge, e de

cando en vez Marley, mais el respondía a ambos os nomes: tanto lle tiña.

Iso si: no traballo, Scrooge si que era agarrado! Un vello pecador cutre, retor-

cido, rañicas, amarrado, aforrón e cobizoso! Duro e cortante coma o pedernal, pero

sen que xamais o aceiro tirase del un xeneroso lume; discreto, comedido e solitario

coma un moucho. A frialdade que levaba dentro xeáballe as faccións, cortáballe o

agudo nariz, murcháballe as meixelas e tensaba o seu andar; tornáballe os ollos ver-

Page 5: Canto de Nadal

9

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

mellos, os labios azuis e expresábase sagazmente na súa voz rouca. A cabeza, as

cellas e o enxoito queixo tíñaos cubertos pola xeada. A súa baixa temperatura sem-

pre o acompañaba, conxelaba o despacho nos días de frío e, ao chegar o Nadal,

non se derretía nin un chisco.

A calor e o frío externos pouca influencia tiñan en Scrooge. Non había calor

que o quentase, non había xeada que o arrefriase. Ningún vento era máis cortante

ca el, ningunha nevarada era tan pertinaz, ningunha chuvascada era tan inclemente.

O mal tempo non sabía por onde atacalo. A chuvia, a neve, a sarabia e a xistra máis

fortes só podían presumir dunha vantaxe respecto a el. Aquelas ás veces caen xene-

rosamente, cousa que Scrooge non facía nunca.

Pola rúa xamais o paraban para lle dicir alegremente «Meu benquerido Scrooge,

que tal está? Cando me vai vir visitar?». Ningún mendigo lle imploraba a menor

das esmolas, ningún rapaz lle preguntaba a hora, ninguén, home ou muller, lle pre-

guntou xamais a Scrooge polo camiño para chegar a tal ou cal sitio. Mesmo os cans

dos cegos semellaban coñecelo: cando o vían vir, turraban dos donos cara aos por-

tais e para dentro dos patios, e entón quedaban dándolle ao rabo como dicindo

«Mellor sen ollos que con malos ollos, meu cego señor!».

Así e todo, que lle importaba a Scrooge? Iso era o que lle gustaba. Abrirse paso

ao longo dos camiños da vida mantendo a raia toda simpatía humana era, segundo

os seus coñecidos, o que máis deleitaba a Scrooge.

Page 6: Canto de Nadal

10

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

Unha vez (de todos os días do ano, tiña que ser na véspera do Nadal) Scrooge

estaba a traballar moi ocupado no seu despacho. Ía un tempo frío e desapracible,

cerrado de néboa, e oía a xente que estaba fóra no patio a bufar dun lado para

outro, a bater coas palmas no peito e a patexar cos pés contra as lousas do pavi-

mento para quentalos. Os reloxos da cidade acababan de dar as tres, pero o día xa

estaba bastante fusco: non houbera luz en toda a xornada e as candeas brillaban

nas ventás dos despachos daquel barrio igual ca manchas rubias entre o aire denso

e pardo. A néboa coábase por todas as fendas e pechaduras, e no exterior era tan

mesta que, por estreito que fose o patio, as casas do outro lado non eran máis ca

fantasmas. Ao ver como se abatía aquela lúgubre nube escurecendo todo, calquera

pensaría que a natureza estaba alí a argallar unha boa.

A porta do despacho de Scrooge estaba aberta para así poder ter de ollo o seu

empregado, que nunha triste cela, coma unha especie de tanque, se dedicaba a copiar

cartas. Scrooge tiña un lume ben pequeneiro, mais o lume do empregado era moito

menor, tanto que parecía que só tiña unha pedriña de carbón. Pero o home non

podía botar máis, pois Scrooge gardaba a caixa do carbón no seu propio cuarto, e

se lle dese por entrar alí coa pa, o xefe había de mandalo fóra. E entón era cando

o empregado puña a súa bufanda branca e tentaba quentarse coa candea, un esforzo

en que, ao non ser home de grande imaxinación, fracasaba.

Page 7: Canto de Nadal

11

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

–Bo Nadal, tío! Deus o bendiga! –exclamou unha leda voz. Era a voz do sobriño

de Scrooge, que chegara tan rápido que aquel fora o primeiro sinal da súa apro-

ximación.

–Boh! –dixo Scrooge–. Parvadas!

O sobriño de Scrooge viña tan abafado de correr entre o neboeiro e a xeada

que estaba todo rubio; tiña unha cara colorada e fermosa; brillábanlle os ollos e

fumegaba pola boca.

–Tío, como que o Nadal é unha parvada! –dixo o sobriño–. Non o di en serio,

estou seguro.

–Pois si que o digo –respondeu Scrooge–. Bo Nadal! Que dereito tes ti a dicir

tal cousa? Que razón tes para andares feliz? Máis pobre non podes ser.

–Vaia, ho –retrucou alegremente o sobriño–. Que dereito ten vostede para andar

tan amargado? Que razón ten para andar de mala uva? Máis rico non pode ser.

Scrooge, non tendo unha resposta mellor, volveu dicir sen pensar «boh!», se-

guido dun «parvadas».

–Non se me enfade, tío –dixo o sobriño.

–E que lle queres –respondeu o tío– se vivo nun mundo de tolos coma este?

Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para

pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello

Page 8: Canto de Nadal

12

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade

e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu –dixo

Scrooge indignado–, a todos eses idiotas que andan por aí con iso de «bo Nadal»

na boca habían de queimalos vivos e enterralos cunha estaca de acivro chantada no

corazón. Ala!

–Tío! –queixouse o sobriño.

–Sobriño! –respondeulle o tío de mal xenio–. Ti queda co teu Nadal e a min

déixame co meu.

–Co seu Nadal! –replicou o sobriño de Scrooge–. Pero se vostede non celebra

o Nadal.

–Pois entón déixame en paz –dixo Scrooge–. E que che aproveite ben, tanto

como che aproveitou ata agora!

–Hai moitas cousas das cales podería tirar proveito –respondeu o sobriño– e o

Nadal está entre elas. Pero o que teño claro é que sempre pensei que cando chega

o Nadal, á parte do respecto que o seu santo nome e orixe inspiran (se tal cousa se

pode deixar á parte), é que se trata dunha boa festividade. Unha época entrañable

e amena para perdoar e ser caritativo; é a única época que eu coñezo, ao longo do

ano, en que homes e mulleres parecen abrir ao unísono os seus corazóns e ven a

xente que os rodea como compañeiros de viaxe cara á tumba, e non como outra

raza de criaturas con outros destinos. Conque, tío, aínda que o Nadal nunca me

Page 9: Canto de Nadal

13

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

meteu nin o menor chisco de ouro nin prata no peto, creo que sempre me fixo ben,

e que me fará ben; e ademais, bendito sexa o Nadal!

O empregado do tanque aplaudiu involuntariamente; ao se decatar logo do ino-

portuno que era, atizou o lume e extinguiu para sempre a última e feble brasa que

quedaba.

–Como te volva oír –díxolle Scrooge–, has de celebrar o Nadal perdendo o em-

prego. Que vehemente orador –engadiu dirixíndose ao sobriño–. Sorpréndeme que

non esteas no Parlamento.

–Non se me enfade, tío. Vamos! Veña comer connosco mañá.

Scrooge dixo que haberían de velo, si... vaia se llo dixo. Pero foi máis alá e dixo

que antes haberían de velo morto.

–Pero por que? –exclamou o sobriño de Scrooge–. Por que?

–E ti por que tiveches que casar? –dixo Scrooge.

–Porque me namorei.

–Porque te namoraches! –gruñiu Scrooge, coma se aquilo fose a única cousa

do mundo máis ridícula ca felicitar o Nadal–. Que pases unha boa tarde!

–Pero tío, se antes daquilo tampouco me viña visitar nunca. Por que o pon

agora como escusa para non vir?

–Boa tarde –dixo Scrooge.

Page 10: Canto de Nadal

14

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

–Eu non lle quero nada a cambio; non lle pido nada; por que non podemos

levarnos ben?

–Boa tarde –dixo Scrooge.

–Sinceramente, lamento moito velo tan decidido. Nunca tivemos disputas nas

que eu tivese parte. Así e todo, tenteino por respecto ao Nadal, e hei de manter o

meu ánimo ata o final. Conque bo Nadal, tío!

–Boa tarde! –dixo Scrooge.

–E feliz Aninovo!

–Boa tarde! –dixo Scrooge.

A pesar de todo, o sobriño abandonou a sala sen dicir unha mala palabra.

Detívose na porta da rúa para lle felicitar as festas ao empregado e este, aterecido

como estaba, mostrouse máis cálido ca Scrooge, pois devolveulle a felicitación

cordialmente.

–Outro que tal –farfallou Scrooge, que o oíra–. O meu empregado, que gaña

quince xilins á semana, con muller e fillos, e aínda di «bo Nadal». Isto é de tolos.

O lunático en cuestión, ao deixar saír o sobriño de Scrooge, deixara entrar

outras dúas persoas. Eran uns cabaleiros elegantes, de aspecto agradable; despois

de quitaren os sombreiros plantáranse no despacho de Scrooge. Traían libros e pa-

peis nas mans, e fixéronlle unha reverencia.

Page 11: Canto de Nadal

15

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

–Scrooge e Marley, se non me engano –dixo un dos cabaleiros mirando na

lista–. Teño o pracer de falar co señor Scrooge ou co señor Marley?

–O señor Marley leva sete anos morto –respondeu Scrooge–. Esta noite preci-

samente é o sétimo cabodano.

–Non nos cabe dúbida de que a súa xenerosidade quedou ben representada no

seu socio supervivente –dixo o cabaleiro presentando as súas credenciais.

E así era, pois os dous estaban feitos da mesma madeira. Ante a ominosa pa-

labra «xenerosidade» Scrooge engurrou o cello, negou coa cabeza e devolveu as

credenciais.

–Señor Scrooge, nestas sinaladas datas do ano –dixo o cabaleiro mentres collía

unha pluma– é moito máis conveniente do habitual xuntarmos unha pequena pro-

visión para os pobres e desamparados, que tanto padecen nestes tempos. Son miles

os que carecen do máis básico; centos de miles carecen das comodidades máis co-

rrentes, señor.

–Acaso non hai cárceres? –preguntou Scrooge.

–Hai unha chea deles –dixo o cabaleiro pousando de novo a pluma.

–E as casas de beneficencia? –preguntou Scrooge–. Aínda funcionan?

–Funcionan. Aínda –respondeu o cabaleiro–, e gustaríame dicir o contrario.

Page 12: Canto de Nadal

16

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

–Entón a roda de castigo e a Lei de Pobres seguen en vigor? –preguntou Scrooge.

–Seguen, e as dúas moi ocupadas, señor.

–Ah! Polo que dixo ao principio, temía eu que algo tivese detido o seu útil fun-

cionamento –dixo Scrooge–. Alégrame moito oír isto.

–Levados pola impresión de que ambas apenas fornecen cristián alivio para o

espírito e o corpo da multitude –respondeu o cabaleiro–, algúns tentamos xuntar

un fondo para lles comprarmos aos pobres algo de carne e bebida, así como medios

para quentarse. Escollemos esta época por ser, entre todas as demais, cando a ne-

cesidade se sente vivamente e a abundancia reloce. Canto lle anoto a vostede?

–Non anote nada –respondeu Scrooge.

–Desexa permanecer no anonimato?

–O que desexo é que me deixen en paz –dixo Scrooge–. Xa que mo preguntan,

cabaleiros, esa é a miña resposta. O Nadal non me fai feliz, e tampouco me podo

permitir facer feliz a xente ociosa. Xa contribúo a soster os establecementos que

mencionei antes, que custan o seu, así que os que anden necesitados que vaian alá.

–Hai moitos que non poden ir; e outros preferirían morrer antes diso.

–Pois se prefiren morrer –dixo Scrooge–, que morran, e así freamos o exceso

de poboación. E ademais, perdoe que llo diga, que eu diso non sei nada.

Page 13: Canto de Nadal

17

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

–Pero ben o podería saber –observou o cabaleiro.

–Non é asunto meu –retrucou Scrooge–. Xa bastante ten un con botar conta

do seu propio negocio para aínda por riba andar interferindo nos negocios dos de-

mais. O meu tenme ocupado todo o tempo. Que pasen unha boa tarde, cabaleiros!

Ao veren claramente que non tiña sentido seguir insistíndolle, os cabaleiros re-

tiráronse. Scrooge retomou a súa ocupación cunha opinión aínda mellor de si

mesmo, e cun humor máis ledo do que era costume nel.

Entrementres, a néboa e a escuridade tornáranse tan mestas que a xente se

dedicaba a andar correndo con teas acesas ofrecéndose para ir diante dos carros

e guialos no seu camiño. O antigo campanario dunha igrexa, cuxa vella e ruda

campá sempre estaba a asexar maliciosamente a Scrooge a través dunha ventá gó-

tica da parede, tornouse invisible e deu as horas e os cuartos entre nubes, seguidas

por unhas trémulas vibracións, coma se os dentes lle batesen alá arriba, na cara

conxelada. O frío intensificouse. Na rúa principal, na esquina do patio, uns ope-

rarios estaban a arranxar as tubaxes do gas e prenderan unha enorme fogueira

sobre un braseiro, arredor do cal se xuntara unha partida de homes e rapaces es-

farrapados, todos a quentar as mans e a chiscar os ollos con arroubo ante o lume.

A boca de rego quedara soa, a auga que perdía conxelárase tristemente dando

lugar a un xeo misantrópico. A luminosidade das tendas onde os ramalletes e bo-

Page 14: Canto de Nadal

18

O F A N T A S M A D E M A R L E Y

liñas de acivro crepitaban á calor das lámpadas dos escaparates facía arroibar as

caras pálidas que pasaban. O ir e vir dos piteiros e os tendeiros constituía un

grande espectáculo: un glorioso desfile ante o cal era case imposible relacionar

ideas tan prosaicas como a compra e a venda. O señor alcalde, desde a fortaleza

da súa nobre mansión, ordenara aos seus cincuenta cociñeiros e mordomos que

organizasen o Nadal tal como lle corresponde á casa dun alcalde; e ata o humilde

alfaiate, a quen multara con cinco xilins o luns anterior por andar borracho bus-

cando liorta polas rúas, dedicábase a remexer o pudin no faiado mentres a es-

cuálida muller e o fillo saían a comprar a vitela.

E veña máis néboa, e máis frío! Un frío perforador, acosador, atroz. Se o bo de

san Dunstán chega a inflixir no nariz do Maligno un toque daquel frío en vez de

usar as súas coñecidas ferramentas, seguro que este se botaba a berregar con toda.

O propietario dun pequeno e novo nariz, encollido e roído coma un óso rillado

por un can, inclinouse contra o buraco da fechadura do negocio de Scrooge co fin

de lle dedicar unha panxoliña, mais coas primeiras notas de...

«Deus vos bendiga, cabaleiro!

Que nada vos aflixa!»

Scrooge botoulle a man á regra con tal ímpeto que o cantor fuxiu aterrorizado

deixando a fechadura a mercé da néboa e o xeo.

Page 15: Canto de Nadal
Page 16: Canto de Nadal